sábado, 21 de junio de 2014

Batalla de globos de auga!

O xoves 19 fixemos unha batalla de globos de auga. As imaxes falan por si mesmas. Pasámolo xenial!


Saída ao Cine.

O último día de "cole" visitamos os cines das Termas (Lugo) para ver a película "Maléfica". Aquí vos deixamos algunhas fotos da viaxe.








martes, 17 de junio de 2014

Proxecto HAPPY


         Os alumnos de sexto estiveron a traballar dende fai dous meses na elaboración dun videoclip musical. A canción que elixiron foi Happy de Pharrell Williams
       Foron moitas horas, moitos días esperando que saise o sol que tanto se resistía en aparecer nestes meses, moitos, moitísimos vídeos os que foron necesarios para ao final...resumilo todo en pouco máis de catro minutos. 
      Pero sen dúbida, este traballo servíu para que compartiran moito tempo xuntos, para que colaboraran os uns cos outros e para que poidesen levar este recordo do seu paso polo CEIP de Curtis. 
      Esperamos que vos guste o vídeo.


                                      











Exposición das pontes feitas con paus de xeado.


Todo traballo ten a súa recompensa. Así lles quedaron as pontes nas que tanto traballaron os alumnos de 6º.
Capaces de resistir o paso de mil homes, cen camións e de soportar un furacán.
 Un traballo xenial!



 

jueves, 20 de marzo de 2014

Recibindo a primavera.

Xa estamos coa nosa nova creación plástica. Deixámosvos un adianto do noso traballo. Pronto vos ensinaremos o resultado final... Esperamos que vos guste!

"MARIAN OF SHERWOOD"

Esa foi a obra de teatro (en inglés, por suposto) que fumos a ver ao "cole" de Cesuras. Aquí vos deixamos algunhas fotos do evento. Como podedes observar...dous alumnos de sexto foron protagonistas directos da obra. Recoñecédelos?

E chegou o Entroido...